« Voltar

Alto Tajo (Guadalajara)

Última actualización
10/08/2025
Alto Tajo.pdf (328 Kb)

INFORMACIÓN DA ZONA

O Parque Natural do Alto Tajo encóntrase no Sistema Ibérico, a cabalo entre o sureste da provincia de Guadalajara e o noreste da provincia de Cuenca.

A protección deste territorio recoñece a excepcional importancia do sistema de fouces fluviais máis extenso da rexión e un dos máis importantes de España, con unha gran diversidade xeológica, botánica e faunística. Este espazo natural protexido encóntrase nun excelente grao de conservación e constitúe unha das cumes da biodiversidade castelán-manchega.



ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Hostal AlTajo e Casa Pura en Peralejos de las Truchas, e durmiremos en habitacións dobres con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos as necesarias paradas ao longo da viaxe por necesidades de descanso do conductor.

Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 30 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso.

O prezo varía en función das persoas que participen na actividade según o cadro seguinte:

SOCIOSNON SOCIOS FEDERADOSNON SOCIOS
De 10 A 19 persoas1.200,00 €1.250,00 €1.300,00 €
De 20 A 29 persoas925,00 €975,00 €1.025,00 €
30 o máis persoas850,00 €900,00 €950,00 €


O pago será en 3 prazos do seguinte xeito:

SOCIOSNON SOCIOS FEDERADOSNON SOCIOS
No momento de apuntarse300,00 €300,00 €300,00 €
A partir do 1 de setembro400,00 €400,00 €400,00 €
A partir do 1 de outubroSegún o prezo finalSegún o prezo finalSegún o prezo final


A data límite para apuntarse queda fixada antes do 30 de setembro. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre.


A saída farémola o luns 6 de outubro e os lugares e horarios de parada do bus son os seguintes:

LUGAR HORA
O Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 05:55 h
Os Rosales (Green Street) 06:05 h
Ronda de Nelle, 145 (en fronte Cambalache) 06:10 h
San Pedro de Mezonzo 06:15 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 06:20 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 06:30 h


PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

6/10/2025

1º día

Luns

 

SAÍDA DA VIAXE

DESFILADERO DE LA YECLA, SANTO DOMINGO DE SILOS

CHEGADA AO HOTEL SOBRE AS 19:30

CEA ÁS 21:00H

7/10/2025

2º día

Martes

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: CERRO SAN CRISTOBAL – RÍO DE LA HOZ SECA

CEA ÁS 21:00H

8/10/2025

3º día

Mércores

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: CIRCULAR BARRANCO DE LA HOZ, CORDUENTE

CEA ÁS 21:00H

9/10/2025

4º día

Xoves

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: ALTO DEL BANDERÍN – CASTILLOS FRÍOS

CEA ÁS 21:00H

10/10/2025

5º día

Venres

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: PUENTE DE POVEDA, LAGUNA DE TARAVILLA, CASAS DEL SALTO

CEA ÁS 21:00H

11/10/2025

6º día

Sábado

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: BARRANCO DEL HORCAJO-PERALEJOS DE LAS TRUCHAS

CEA ÁS 21:00H

12/10/2025

7º día

Domingo

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A CORUÑA ÁS 09:00

PARADA EN TOBERA E FRÍAS

CHEGADA Á CORUÑA SOBRE AS 21:00

Ruta opcional

 

MONUMENTO NATURAL SIERRA DE CALDEREROS


« Voltar