« Voltar

Freixa da Chamosa (Forcarei, Pontevedra)


Freixa da Chamosa.pdf (1.094 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Terra de Montes, Forcarei
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 22 de Novembro de 2025
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 20 de Novembro de 2025, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: AP-9 ata a saída 72 onde pasamos a AP-53 e mais adiante tomamo a AG-59 ata a saída 6 e tomar a esquerda a AC-841 continuando pola PO-841 dirección A Estrada a partir xa na EP-7001 imos camiño de Forcarei.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e moi pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 19 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga, polainas e bastóns serían aconsellables.
BREVE DESCRICIÓN: O municipio de Forcarei está situado no noreste da provincia de Pontevedra, formando parte da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Os seus límites son, polo norte con Silleda e A Estrada, polo leste con Lalín, polo oeste con Cerdedo e Cotobade (agora fundidos nun só municipio), e polo sur, con A Lama e con Beariz, este último na provincia de Ourense. Aquí viven alrededor de 3.600 personas, un nunha superficie que mide 168,4 km2. É unha zona xeográfica importante porque está no orixen de tres ríos principais da provincia de Pontevedra: Umia, Lérez e Verdugo. O municipio está dividido en 13 parroquias con as súas capelas, igrexas, cruceiros, petos de ánimas... que transmiten a mensaxe do cristianismo e que hoxe forman parte do imaxinario colectivo cando nos acordamos do noso paso por Forcarei. A climatoloxía é típica dun pobo de interior da provincia. Os verans son cortos, temperatura cómoda e sen choivas e os invernos son longos, húmidos e fríos.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan en Forcarei.
« Voltar