« Voltar

Fontardión - A Mazoca (Fragas do Eume)


Fragas do Eume.pdf (2.024 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Comarca do Eume
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 13 de Decembro de 2025
PREPARADA POR: Eugenia e Juanjo
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 11 de Decembro de 2025, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Tomamos a AP-9 e na saída 21F collemos a dereita a AC-564 e a altura de As Neves en casa Díaz no cruce a dereita chegamos a nosa saída camiño do Alto do Fontardión.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e moi pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 16 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga, polainas e bastóns serían aconsellables.
BREVE DESCRICIÓN: As Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Dentro dos seus 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que da unha idea do estado virxen de estos exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume. O parque ten a forma dun triángulo cuxos vértices e fronteiras serían As Pontes, Pontedeume e Monfero.
A mellor forma de coñecer o paque e a pé. Así, se un sabe ver, quizáis descobra aos xoguetones trasgos que habitan nel. Carballos, chopos, freixos, amieiros, máis de 20 especies de fieitos e 200 de líques danse aquí.
As veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque umbrio e secreto é xeneroso coma as súas augas, fontes e fervenzas. Aquí non hai verde, aquí hai paisaxes de mil verdes. E agochado no corazón do bosque, o monasterio de Caaveiro, un antigo cenobio con mais de 10 séculos de historia e unhas vistas espectaculares de esta fraga máxica.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan en A Capela.
« Voltar