| TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros e moi pouco de estrada. |
| DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
| DURACIÓN: | 5 horas |
| DISTANCIA LINEAL: | 15 Km. |
| INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
| RECOMENDACIÓNS: | Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso, e atentos por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían
aconsellables. |
| BREVE DESCRICIÓN: | A Serra do Argallo é unha serra ubicada principalmente nos municipios de Tomiño, Baiona e O Rosal. É coñecida pola súa
paisaxe montañosa, a súas vistas do val do río Miño e pola Pedra
Furada, unha formación rochosa popular entre os
fotógrafos. A serra exténdese dende a Pedra da Gata en
Baiona ata o Niño do Corvo en O Rosal, e está separada da Serra
da Groba polos ríos Groba e Tamuxe.
Comezamos a nosa andaina en Figueiró, onde o mais
salientable é o Santuario de San Campio de Lonxe, e dende este
lugar, visitando antigos muiños coma os da Gandariña e da
Regueira, iremos en busca doutro lugar máxico dos moitos que hai
en Galicia, coma Pedra Furada. |
| OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan en Tomiño. |