| SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Viveiro, a Mariña occidental |
| DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 11 de Xullo de 2026 |
| PREPARADA POR: | Fran e Boris |
| PREZO DA ACTIVIDADE: | 40€ para os socios, 45€ para os non socios federados e 50€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
| DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 9 de Xullo de 2026, antes das 15 horas |
| COMO CHEGAR: | Imos dende O Burgo pola AP-9 ata a saída en Pontedeume (21F) e pola AC-564 para xa en As Pontes pasar a AG-64, ata saída 42 coller a LU-540 ata Viveiro. |
| TIPO DE SENLLA: | Meramente urbana, rúas. |
| DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
| DURACIÓN: | 4 horas |
| DISTANCIA LINEAL: | 0 Km. |
| INTERESE DA RUTA: | Cultural |
| RECOMENDACIÓNS: | Nesta actividade ao ser meramente de visita guiada polo casco antigo de Viverio, zapato cómodo para andar e tal vez un pouco de auga. |
| BREVE DESCRICIÓN: | Este ano a cidade elexida para a visita cultural de xullo é Viveiro.
Faremos un percorrido panóramico no bus de Covas a Celeiro (para
falar un pouco máis sobre a ría e o vínculo de Viveiro ca mar).
Faremos o paseo fluvial do río Landro, que simboliza a columna
vertebral da localidade. E para rematar, visita guiada polo casco
histórico de Viveiro, para coñecer en detalle unha das vilas
medievais máis salientabeis da Galicia cantábrica. Posteriormente iremos a xantar ao Restaurante A Ría. |
| OUTROS DATOS: | Existe a posibilidade de parar un momento antes da visita se chegamos con tempo. Todo depende do tempo do desprazamento. |